martes, 13 de enero de 2009

UN PEQUENO "STAND" NA ENTREGA DE TROFEOS DO CLUBE



O pasado dia 27 de nadal, tivo lugar a festa anual do Clube con pinchos e entrega de trofeos das competicions de vela lixeira no hotel Sada Marina.

Aproveitouse a ocasión para facer algo de exposición de actividades, e alá fumos cunha especie de Stand improvisado para a ocasión, consistente na maqueta con simulador de rumbos e o que lle chamamos o "blog físico", que e ese que vedes na foto da esquerda. Aproveitando logo, xa quedou exposto de xeito permanente no local do clube.

Como vedes, é coma un blog, onde se colgan fotos, links...O que pasa e que aqui se colgan pero con pinzas, por suposto de madeira. O moble en cuestión tamen ten un espacio interior, que ben pode servir de adega, biblioteca, almacén...

Tamén temos colgada a colección de banderins e dorsais dos eventos nos que temos participado.

Houbo tamén no acto unha proxección continua de fotos de actividades do clube de todo o ano, mentres se tomaban os pinchos. Así que proxectamos unha selección das fotos do festival de Brest.

lunes, 12 de enero de 2009

EXCURSION O PORTO DE SANTA MARIÑA

O pasado dia 20 de Nadal, fixemos unha pequena excursión improvisada ó porto de Santa Mariña, ó carón da Pria do Trece, na costa da Morte. E un pequeno porto de percebeiros que paga moito a pena visitar.




Alí da medo mirar o mar. E un dos poucos sitios que quedan case virxes na nosa costa. As embarcacions, por suposto, tamen chaman a atención. Conservanse ainda moitas chalanas preparadas para motor, e cunha eslora un pouco maior cas das rias. A fasquía e tamén algo distinta, xa que teñen moito mais arrufo, coma as embarcacions portuguesas, que en xeral son mais arrufadas, por teren que navegar en mares mais abertos que nas rias.




O ano pasado víramos neste porto unha delas varada en terra para vender, pero lamentablemente xa non estaba. Doutra vez será.

Sinto non tervos avisado da excursión, que foi moi improvisada. Desta, disfrutade coas fotos, e para a próxima se vos apetece xa organizaremos outra de "senderismo mariñeiro".
Ainda temos unha costa absolutamente asombrosa como para percorrer embarcados ou a pé.












miércoles, 7 de enero de 2009

A PRIMEIRA SAIDA O MAR CO ARREDEMO DO CURSO


O Pasaso dia 8, Xose Carballeira (o da foto) e mais eu fixemo-la primeira saida no Arredemo pola ria da Coruña, cun vento norte considerable. Así que o bautismo de mar case se acaba por convertir en baño (como os bautizos da biblia).

Saimos de Oza, e Xose xa foi collendo a caña e a escota para facer seus primeiros bordos. Pero dimos a volta de contado, xa que o vento empezou a subir. Ahí fixemos unha popa rapidísima que nos levou ó porto en poucos minutos.

Con vento forte na popa, o Arredemo e algo inestable, debido a que o centro vélico vai moi cara proa, e a ola traballa na popa. Unha boa solución e intentar ir á mala. Experimentamos que o barco vai moito mellor , xa que o pao non lle deiza á vela ir mais a proa. Tamén se pode usar a vara de portar, que neste caso faría as veces de botavara. Optamos pola primeira opción. Para probar, e porque (hai que ser sinceros) non atinamos a enganchala no as de guía da escota. Opción B, logo.

XA ZARPAMOS !!!



Como sabedes, o pasado sábado 29 de Novembro xa empezamos oficialmente coas actividades da sección de vela tradicional no C.N.Recreativo de Sada. Na festa de presentación lamentablemente o frío foi o protagonista, que apenas nos diexou disfrutar do visionado do capítulo de "De proa a popa" do pasado 6 de Xullo (o podedes ver na pax da TVG) o o documental "Un mar de velas", onde os recen chegados a este mundillo contemplaron prácticamente todo o espectro.


Gracias o fantástico traballo de Jaime e Pablo, houbo tamén exposición de maquetas e fotos de Brest.


Tamén presentamos o simulador coa carta da ria e maqueta de vela latina para o ensino da vela a principiantes, onde poderán ver cómo se comporta o barco en diferentes rumbos, e como hai que laborear.

Non faltaron tamén pasteis e pastas en forma de Dorna e bote de vela latina, e por suposto, a nosa poción máxica, que como sabedes estase convertindo xa na nosa bandeira: o CALDO

CURSO DE NAVEGACION TRADICIONAL EN SADA

O vindeiro 29 de Novembro, as 19:30 h, no local do C.N.Recreativo de Sada, daremos o comenzo oficial do curso de vela tradicional 2008-2009.

Neste primeiro ano, temos como obxetivo formar unha sección estable no clube e ir a participar activamente no IX ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS que se celebrará en Muros en Xullo de 2009.

Por iso, a filosofía deste curso e facelo pouco a pouco e chegar alá xa coñecendo a algunhas asociacións, as suas xentes e os seus barcos.

Neste enlace está publicado o programa proposto, ainda que houbo un erro na data da presentación

http://www.masmar.net/esl/Vela/Mas-Vela/Club-Recreativo-de-Sada-inaugura-el-proximo-sabado-dia-22-la-nueva-seccion-de-Vela-Tradicional-para-la-temporada-2008-09

viernes, 23 de mayo de 2008

DUAS FOTOS E UNHA RELEXION



DUAS FOTOS E UNHA REFLEXIÓN


Quixera agora comentar estas duas fotografías. Están tomadas en sitios distintos, pero prácticamente na mesma data, na primeira mitade do ano 2008.



Na primeira delas, un domingo un home maior nunha praia da illa de Arousa revisa a sua dorna “Erundina”. Non está ahí imitando nin reproducindo nada do pasado, sinxelamente é así, e está a vivir ainda un xeito de pescar, de navegar en vias de extinción, pero que conserva case intacta a esencia das tradicions mariñeiras.



A segunda e dun sábado. Un sábado no que escomenza en un lugar moi distinto, pero tamén vila mariñeira, a singladura duna sección de navegación tradicional na escola de vela de Sada.
E o máxico momento da botadura da nosa primeira embarcación, un bote das rias altas aparellado con vela de martelo. O que chama a atención, son eses rapaces, adolescentes alguns, que quixeron “escoltarnos” na nosa primeira travesía. Navegan cadanseu “Optimist”, e móvelles aparte do vento o interese, a curiosidade, para nos seguir.
Son precisamente eles, os que deberían coller o testigo algún dia. Pero antes, deberían velo, sentilo, escoitalo, e non ter que leelo algún dia nun carteliño deses nun museo.







Se cadra, nos, os que vamos no bote, os que sacamo-las fotos , a xeneración intermedia temos a responsabilidade de non cortar a a cadea, de poder transmitir, de deber manter vivas algunhas tradicions. E é este o momento de facelo, con toda-las forzas enteiras, con todas as enerxias dispostas, antes de que as fotos nolas saquen a nós.


Daquela xa nos tocará pousar.