miércoles, 7 de enero de 2009

A PRIMEIRA SAIDA O MAR CO ARREDEMO DO CURSO


O Pasaso dia 8, Xose Carballeira (o da foto) e mais eu fixemo-la primeira saida no Arredemo pola ria da Coruña, cun vento norte considerable. Así que o bautismo de mar case se acaba por convertir en baño (como os bautizos da biblia).

Saimos de Oza, e Xose xa foi collendo a caña e a escota para facer seus primeiros bordos. Pero dimos a volta de contado, xa que o vento empezou a subir. Ahí fixemos unha popa rapidísima que nos levou ó porto en poucos minutos.

Con vento forte na popa, o Arredemo e algo inestable, debido a que o centro vélico vai moi cara proa, e a ola traballa na popa. Unha boa solución e intentar ir á mala. Experimentamos que o barco vai moito mellor , xa que o pao non lle deiza á vela ir mais a proa. Tamén se pode usar a vara de portar, que neste caso faría as veces de botavara. Optamos pola primeira opción. Para probar, e porque (hai que ser sinceros) non atinamos a enganchala no as de guía da escota. Opción B, logo.

2 comentarios:

barcoantigo dijo...

Parabéns pelo Blog e pelas navegações.
De certo que a opção de levar a vela e verga encostada na adriça do inçadoiro é a melhor solução nos casos de navegação à popa com vento forte, aliás é a solução mais segura, visto que o barco ao ganhar velocidade, plana e o leme deixa de obedecer rápido, assim se a vela estiver no lado oposto, com todo o saco aberto, numa refrega de vento ou vaga grande de popa pode encarreirar e virar, porque a vela tem tendência a enrolar no mastro. Em Portugal que usamos vela latina de pendão nos nossos barcos é assim que navegamos
Em Riancho no ano de 1999 no encontro da Federação ai realizado por pouco não viro a catraia que na altura levamos de Portugal numa manobra com vento forte de popa e vaga.
Boas navegações
Abraço desde o sul

João Baptista

Fco. X. Vázquez dijo...

Ante todo noraboa pola iniciativa de promover a navegación tradicional polas mariñas.

Por outra parte gostaríame interesarme polo Arredemo. Qué clase de bote é?. Interesanme os botes tradicionais do golfo ártabro pero a información que atopo por internet non é moi clara. Atopei referencias a Bote de Ares, Bote de Maniños, Bote de Ferrol, Pulpeiro, ... Son todos botes distintos ou non hai realmente clases diferenciadas e simplemente fan lugar ao lugar onde se recollen?.

Con respecto ao Arredemo vin nunha páxina que lle chaman bote das Rias Altas.

Agradecería que que os entendidos que lean isto me dean algo de información, algun día gustaríame contruir un bote desta zona pero, por descoñecer a tipoloxía, non sei nin por onde empezar.

Un saudo.