viernes, 23 de mayo de 2008

DUAS FOTOS E UNHA RELEXION



DUAS FOTOS E UNHA REFLEXIÓN


Quixera agora comentar estas duas fotografías. Están tomadas en sitios distintos, pero prácticamente na mesma data, na primeira mitade do ano 2008.



Na primeira delas, un domingo un home maior nunha praia da illa de Arousa revisa a sua dorna “Erundina”. Non está ahí imitando nin reproducindo nada do pasado, sinxelamente é así, e está a vivir ainda un xeito de pescar, de navegar en vias de extinción, pero que conserva case intacta a esencia das tradicions mariñeiras.



A segunda e dun sábado. Un sábado no que escomenza en un lugar moi distinto, pero tamén vila mariñeira, a singladura duna sección de navegación tradicional na escola de vela de Sada.
E o máxico momento da botadura da nosa primeira embarcación, un bote das rias altas aparellado con vela de martelo. O que chama a atención, son eses rapaces, adolescentes alguns, que quixeron “escoltarnos” na nosa primeira travesía. Navegan cadanseu “Optimist”, e móvelles aparte do vento o interese, a curiosidade, para nos seguir.
Son precisamente eles, os que deberían coller o testigo algún dia. Pero antes, deberían velo, sentilo, escoitalo, e non ter que leelo algún dia nun carteliño deses nun museo.







Se cadra, nos, os que vamos no bote, os que sacamo-las fotos , a xeneración intermedia temos a responsabilidade de non cortar a a cadea, de poder transmitir, de deber manter vivas algunhas tradicions. E é este o momento de facelo, con toda-las forzas enteiras, con todas as enerxias dispostas, antes de que as fotos nolas saquen a nós.


Daquela xa nos tocará pousar.

2 comentarios:

Suso da Moura dijo...

Hola Neno:
Estás feito un literato. En serio. Ademáis de recuperar a navegación tradicional en Sada, termos o gusto de lerte.
Non vexo as fotos...

Hugo dijo...

Pois concordo coa reflexión. A foto é ben fermosa, falando do contido -das formas non vos sei, que pra min iso da fotografía é unha arte descoñecida-. É certo que a transmisión do cariño polo propio só nace cando se sinte, vivencia,cando se cheira a mistura do mar coa madeira. Por iso é importante para eses rapaces/as da foto que teñan a posibilidade de ver, tocar estos barcos, para que os coñezan no mar e non nun museo. Só así haberá transmisión.